A Sociedade Obarrio Montenegro é unha entidade privada, sen ánimo de lucro, que ten entre os seus obxectivos a estimulación e promoción do interese do sector empresarial, fundacional e asociativo pola capacidade creativa, a investigación e a innovación, así como a promoción da cultura, en xeral.
Para levar a cabo os seus fins a Sociedade poderá organizar actividades educativas, expositivas, editoriais ou de calquera outra índole. Nese camiño xorde o selo editorial, que bebe das fontes históricas, e o pro[xecto]_pro[tocolos], que pretende servir de repositorio dixital para os índices dos protocolos notariais galegos.
2017 – Constitúese a Sociedade Obarrio Montenegro, recordando as tertulias promovidas no s. XVIII por Miguel Obarrio Montenegro, conde de Tomentosa, deputado xeral do Reino de Galiza nas Cortes da Coroa de Castela, cabaleiro da Orde de Carlos III e membro do Consejo Real de Hacienda, entre outros cargos públicos.
2020 – Créase o selo editorial Obarrio Montenegro, dedicado á publicación de fontes documentais e datos biográficos, poñendo en marcha a Colección Fontes Documentais.
2023 – A Xunta xeral da sociedade elixe a Ernesto Vázquez-Rey Farto como presidente do seu Consello.
2024 – Créase o pro[xecto]_pro[tocolos]; repositorio dixital para a descrición dos índices dos protocolos notariais galegos.
