En 2024 nace o pro[xecto]_pro[tocolos] como unha ambiciosa ferramenta de descrición dixital dos protocolos notariais de Galiza.
Esta fonte documental supón un recurso fundamental na investigación e permite documentar infinidade de procesos históricos e aos seus protagonistas en cada momento.
A través da individualización das escrituras notariais en fichas de descrición pódense realizar buscas por calquera termo que conteñan (p. ex. nomes, apelidos, denominacións sociais, topónimos, etc.) dunha forma sinxela.
Modo de cita: VÁZQUEZ-REY, Ernesto (dir.): pro[xecto]_pro[tocolos], Sociedade Obarrio Montenegro: https://obarriomontenegro.gal/protocolos/ [Consultado: <data>]
Protocolos incorporados ao proxecto:

