Autoras

Ángel Arcay Barral

Betanzos, 1988. Historiador e arquiveiro. Especializado no Parque do Pasatempo de Betanzos, participa en diversos proxectos culturais, dentro e fóra da súa vila. Forma parte do Consello editorial de Obarrio Montenegro e coordina a súa Colección de Fontes Documentais.

Jorge Barrecheguren Fernández

Vigo, 1988. Historiador e arquiveiro. Desenvolveu a súa actividade profesional en institucións como o Arquivo Histórico Diocesano de Santiago de Compostela, o Arquivo do Reino de Galicia ou o arquivo do Consorcio da Zona Franca de Vigo, formando parte de diversos proxectos culturais.

Daniel Lucas Teijeiro Mosquera

Betanzos, 1996. Investigador da Universidade de Santiago de Compostela. Historiador da Arte, especializado en xestión do Patrimonio artístico e arquitectónico, Museos e mercado da Arte. Forma parte do Consello editorial de Obarrio Montenegro e coordina a súa Colección de Fontes Documentais.

Ernesto Vázquez-Rey farto

Pontevedra, 1987. Xurista, investigador e xestor cultural, é membro do Consello Internacional dos Arquivos (ICA). Fundador e editor de Obarrio Montenegro Editora, dirixe a Colección de Fontes Documentais do selo editorial.