Saltar ao contido
Obarrio Montenegro
  • Quen somos?
  • O selo editorial
  • Contacto
  • Protocolos
  • Gabinete de Acción Pública
  • Cultura, querida!
  • Facebook
  • Instagram
  • Twitter
  • Buscar
Catálogo
por Obarrio Montenegro18/11/20231:53 PM01/09/2024

Testamento de Dª. Avelina Villegas Rubiños.

1ª Edición: 2023

Dirección: Ernesto Vázquez-Rey Farto

Coordinación: Ángel Arcay Barral; Noelia Collado Rodríguez; Jorge Martín Dopico; Daniel Lucas Teijeiro Mosquera

Revisión lingüística: María Teresa Del Préstamo Landín (español); Cristina Quinteiro Suárez (galego)

Agradecementos: Ás Amigas e Amigos do Museo de Pontevedra, pola colaboración na presente edición, e ao Archivo Histórico de Protocolos de Madrid, pola utilización dos seus fondos.

Edición e deseño: Obarrio Montenegro Editora, Pontevedra, 2023 / © dos textos, as persoas autoras.

Depósito Legal: PO 81-2020

ISSN: 2695-8678

ISSN-e: 2695-8686

Impresión e encadernación: Producidas en Galiza por Sacauntos Cooperativa Gráfica.

Ficha técnica: Dimensións: 148 x 210 mm. / Papel: cbi 1.65 90 g. / Capa: mate

Sobre a obra:

O testamento de Avelina Villegas Rubiños achéganos a unha muller que, se ben vivíu á sombra do seu marido -o insigne político e xurista Eugenio Montero Ríos-, sobresaíu na vida pública a través de múltiples accións sociais e filantrópicas, tanto na vila e Corte de Madrid como na súa Galiza natal.

Este documento ofrece unha relación prolixa de datos xenealóxicos, incidindo na convivencia de Avelina e a súa irmá Plácida. Igualmente, evidencia a importancia que tiña a Granxa de Lourizán para Avelina, onde quixo ser soterrada.

A implicación de Avelina tanto nos asuntos domésticos como na xestión do patrimonio familiar fáise patente na súa previsión con respecto ao futuro do palacio de Lourizán logo do seu pasamento e á distribución da herdanza para asegurar a estabilidade económica da súa descendencia.

Constitúe, pois, unha referencia obrigada para adentrarse na biografía dunha muller sobranceira na sociedade do seu tempo.

Sobre o autor:

Ernesto Vázquez-Rey farto

Pontevedra, 1987. Xurista, investigador e xestor cultural, é membro do Consello Internacional dos Arquivos (ICA). Fundador e editor de Obarrio Montenegro Editora, dirixe a Colección de Fontes Documentais do selo editorial.

Tagged with: Avelina Villegas Rubiños Colección Fontes Documentais Galicia Madrid Patrimonio documental Pontevedra
Create a website or blog at WordPress.com

Begin typing your search above and press return to search. Press Esc to cancel.

  • Subscrición Subscrito
    • Obarrio Montenegro
    • Already have a WordPress.com account? Log in now.
    • Obarrio Montenegro
    • Subscrición Subscrito
    • Rexistro
    • Iniciar sesión
    • Copy shortlink
    • Report this content
    • View post in Reader
    • Administrar as subscricións
    • Collapse this bar
 

Cargando comentarios...