Colección Fontes Documentais, vol. VI
1ª edición: 2021 / 2ª edición: 2022
Dirección: Ernesto Vázquez-Rey Farto
Coordinación: Ángel Arcay Barral; Noelia Collado Rodríguez; Jorge Martín Dopico; Daniel Lucas Teijeiro Mosquera
Revisión lingüística: María Teresa Del Préstamo Landín (español); Cristina Quinteiro Suárez (galego)
Agradecementos: Ao Arquivo Histórico Universitario de Santiago de Compostela, pola utilización dos seus fondos.
Edición e deseño: Obarrio Montenegro Editora, Pontevedra, 2021; 2022 / © dos textos, as persoas autoras.
Depósito Legal: PO 81-2020
ISSN: 2695-8678
ISSN-e: 2695-8686
Impresión e encadernación: Producidas en Galiza por Sacauntos Cooperativa Gráfica.
Ficha técnica: Dimensións: 148 x 210 mm. / Papel: cbi 1.65 90 g. / Capa: mate
Sobre a obra:
O presente documento que se transcribe é un protocolo redactado por Jesús Fernández Suárez, notario colexiado asignado a Santiago de Compostela, o 15 de maio de 1897. Trátase, pois, da escritura pola que se constitúe a Sociedade comanditaria “Corral y Compañía”, dirixida por Baldomero Corral Viñas e administrada polos seus dous socios comanditarios, Lucas de la Riva e Riva e Fernando Villaverde de la Riva. A función desta sociedade é a explotación dunha fábrica de fundición na Tenencia do Hórreo de Santiago de Compostela entre os anos 1897 e 1907.
Grazas á recuperación desta escritura inédita pódese documentar a existencia desta fábrica de fundición desaparecida e esquecida, que foi a primeira que existíu en Santiago de Compostela. Non obstante, apenas se conservan documentos que permiten aportar datos sobre a historia desta industria metalúrxica. Neste sentido, sábese que era coñecida como “La Primitiva Compostelana”, que se ocupou de producir destacados elementos arquitectónicos de fundición e que tivo unha vida curta, pois tan só estivo activa entre os anos 1897 e 1902.
Con todo, agradécese a disposición do personal do Arquivo Histórico Universitario de Santiago polo uso desta escritura encadernada en pergameo para publicala mediante transcrición.
Sobre o autor:
DANIEL LUCAS TEIJEIRO MOSQUERA
Betanzos, 1996. Investigador da Universidade de Santiago de Compostela. Historiador da Arte, especializado en xestión do Patrimonio artístico e arquitectónico, Museos e mercado da Arte.

