Saltar ao contido
Obarrio Montenegro
  • Quen somos?
  • O selo editorial
  • Contacto
  • Protocolos
  • Gabinete de Acción Pública
  • Cultura, querida!
  • Facebook
  • Instagram
  • Twitter
  • Buscar
Catálogo
por Obarrio Montenegro21/02/202111:51 AM21/01/2023

Expediente de nobreza incoado a petición de Francisco de Varcheguren Recalde.

Colección Fontes Documentais, vol. V

1ª edición: 2021 / 2ª edición: 2022

Dirección: Ernesto Vázquez-Rey Farto

Coordinación: Ángel Arcay Barral; Noelia Collado Rodríguez; Jorge Martín Dopico; Daniel Lucas Teijeiro Mosquera

Revisión lingüística: María Teresa Del Préstamo Landín (español); Cristina Quinteiro Suárez (galego)

Agradecementos: Ao Arquivo Histórico Provincial de Biscaia, pola utilización dos seus fondos.

Edición e deseño: Obarrio Montenegro Editora, Pontevedra, 2021; 2022 / © dos textos, as persoas autoras.

Depósito Legal: PO 81-2020

ISSN: 2695-8678

ISSN-e: 2695-8686

DOI: 10.5281/zenodo.4553922

Impresión e encadernación: Producidas en Galiza por Sacauntos Cooperativa Gráfica.

Ficha técnica: Dimensións: 148 x 210 mm. / Papel: cbi 1.65 90 g. / Capa: mate

Sobre a obra:

No ano 1751 Francisco de Varcheguren Recalde, natural do Val de Llodio e residente no Val de Somorrostro, incoa un procedemento civil para probar a súa nobreza e poder ser admitido entre os seus veciños de igual calidade ás prerrogativas das que no antigo réxime gozaba esta clase social. Ao igual que en outros procesos similares o interesado alega probas suficientes para acreditar a súa condición, consistindo estas en partidas de bautismo e matrimonio dos seus antepasados, testemuños de veciños coñecedores de avanzada idade e por último eleccións para oficios honoríficos dos seus parentes próximos.

A escritura, conservada no Arquivo Histórico Provincial de Biscaia, permite achegarnos á historia da liñaxe Barrecheguren, orixinario da Terra de Ayala e cuxos orixes segundo as fontes xenealóxicas remóntanse ata comezos do século XV.

Sobre o autor:

Jorge Barrecheguren Fernández

Vigo, 1988. Historiador e arquiveiro. Desenvolveu a súa actividade profesional en institucións como o Arquivo Histórico Diocesano de Santiago de Compostela, o Arquivo do Reino de Galicia ou o arquivo do Consorcio da Zona Franca de Vigo, formando parte de diversos proxectos culturais.

Tagged with: Abanto Biscaia Expediente de Nobreza Francisco de Varcheguren Recalde Patrimonio documental
Create a website or blog at WordPress.com

Begin typing your search above and press return to search. Press Esc to cancel.

  • Subscrición Subscrito
    • Obarrio Montenegro
    • Already have a WordPress.com account? Log in now.
    • Obarrio Montenegro
    • Subscrición Subscrito
    • Rexistro
    • Iniciar sesión
    • Copy shortlink
    • Report this content
    • View post in Reader
    • Administrar as subscricións
    • Collapse this bar
 

Cargando comentarios...