Saltar ao contido
Obarrio Montenegro
  • Quen somos?
  • O selo editorial
  • Contacto
  • Protocolos
  • Gabinete de Acción Pública
  • Cultura, querida!
  • Facebook
  • Instagram
  • Twitter
  • Buscar
Catálogo
por Obarrio Montenegro07/12/202010:47 AM01/09/2024

Cesión e doazón feita polos apoderados da freguesía de salcedo a favor de santiago ignacio baquero e malvar.

Colección Fontes Documentais, vol. III

1ª Edición: 2020 / 2ª Edición: 2022

Dirección: Ernesto Vázquez-Rey Farto

Coordinación: Ángel Arcay Barral; Noelia Collado Rodríguez; Jorge Martín Dopico; Daniel Lucas Teijeiro Mosquera

Revisión lingüística: María Teresa Del Préstamo Landín (español); Cristina Quinteiro Suárez (galego)

Agradecementos: Á Fundación Malvar, pola colaboración na presente edición, e ao Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra, pola utilización dos seus fondos.

Edición e deseño: Obarrio Montenegro Editora, Pontevedra, 2020, 2022 / © dos textos, as persoas autoras.

Depósito Legal: PO 81-2020

ISSN: 2695-8678

ISSN-e: 2695-8686

Impresión e encadernación: Producidas en Galiza por Sacauntos Cooperativa Gráfica.

Ficha técnica: Dimensións: 148 x 210 mm. / Papel: cbi 1.65 90 g. / Capa: mate

DOI: 10.5281/zenodo.4309515

Sobre a obra:

A escritura, procedente do arquivo da Fundación Malvar, que se transcribe a continuación, traslada a quén le ao momento da construcción dunha das obras de comunicación máis relevantes da Galicia do s. XVIII: a “carrileira” de Ponte Valga a Ponte Sampaio que tería de convertirse na estrada N-550, de A Coruña a Vigo.

Sendo nomeado arcebispo de Santiago de Compostela, Sebastián Malvar e Pinto regresou de Bos Aires cunha fortuna que tería que empregar en obra pública na súa Galicia natal, co visto e prace de El-Rei Carlos III, e logo das xestións do seu sobriño, Pedro de Acuña e Malvar.

O recoñecemento social da obra que, entre a capital galega e Ponte Valga, xa comezara o arcebispo Raxoy e que Malvar completou co Real Plantío sobre as marxes da estrada, levou aos apoderados da freguesía pontevedresa de San Martiño de Salcedo a doar varios terreos do monte común a un dos sobriños do arcebispo Malvar, Santiago Ignacio Baquero e Malvar, na zona onde a familia tiña reedificado a Granxa-Pazo da Carballeira do Gandarón.

Deste modo, documéntase a cesión de terreos comunais á familia Malvar como agradecemento veciñal polas melloras en obra pública impulsadas polo arcebispo salcedense.

Sobre o autor:

Ernesto Vázquez-Rey farto

Pontevedra, 1987. Xurista, investigador e xestor cultural, é membro do Consello Internacional dos Arquivos (ICA). Fundador e editor de Obarrio Montenegro Editora, dirixe a Colección de Fontes Documentais do selo editorial.

Tagged with: Arcebispo Malvar Camiño Real Fundación Malvar Galicia Patrimonio bibliográfico Pontevedra Salcedo Santiago Ignacio Baquero e Malvar
Create a website or blog at WordPress.com

Begin typing your search above and press return to search. Press Esc to cancel.

  • Subscrición Subscrito
    • Obarrio Montenegro
    • Already have a WordPress.com account? Log in now.
    • Obarrio Montenegro
    • Subscrición Subscrito
    • Rexistro
    • Iniciar sesión
    • Copy shortlink
    • Report this content
    • View post in Reader
    • Administrar as subscricións
    • Collapse this bar
 

Cargando comentarios...