1ª Edición: 2020 / 2ª Edición: 2022
Dirección: Ernesto Vázquez-Rey Farto
Coordinación: Ángel Arcay Barral; Noelia Collado Rodríguez; Jorge Martín Dopico; Daniel Lucas Teijeiro Mosquera
Revisión lingüística: María Teresa Del Préstamo Landín (español); Cristina Quinteiro Suárez (galego)
Agradecementos: Á Biblioteca Nacional de España e ao Museo Nacional del Prado, pola utilización dos seus fondos.
Edición e deseño: Obarrio Montenegro Editora, Pontevedra, 2020, 2022 / © dos textos, as persoas autoras.
Depósito Legal: PO 81-2020
ISSN: 2695-8678
ISSN-e: 2695-8686
Impresión e encadernación: Producidas en Galiza por Sacauntos Cooperativa Gráfica.
Ficha técnica: Dimensións: 148 x 210 mm. / Papel: cbi 1.65 90 g. / Capa: mate
Sobre a obra:
A obra que agora sae á luz non é máis que o principio dun exercicio. O proxecto editorial que inicia Obarrio Montenegro pretende realizar un exercicio de análise, de actualización e posta a disposición do público xeral de fontes documentais e orixinais que amplíen, en acceso aberto, o coñecemento e a formación de especialistas e profanos en diversas materias.
E crimos oportuno comezar pola persoa que da nome ao proxecto mesmo: Miguel Obarrio Montenegro. Nobre e político galego do século XVIII, a súa vida quedou prácticamente relegada ao esquecemento, aínda cando foi unha figura de peso nas Institucións públicas da súa época, tanto no Reino de Galiza como na Corte do monarca Carlos III.
Non podemos máis que facer nosas -coa debida adaptación- as palabras de Obarrio Montenegro e dicir, a modo de declaración de intencións, que: Tendo chegado -aínda que tarde- as fontes documentais e orixinais ás nosas mans, lidas con algún coidado, parecéunos faría un grande beneficio ao público dándolle á prensa. Este é o fin que nos propuxemos en 2020: se nisto acertamos, será para nós a maior satisfacción.
Sobre o autor:
Ernesto Vázquez-Rey farto
Pontevedra, 1987. Xurista, investigador e xestor cultural, é membro do Consello Internacional dos Arquivos (ICA). Fundador e editor de Obarrio Montenegro Editora, dirixe a Colección de Fontes Documentais do selo editorial.

