Aviso legal

Este sitio web, publicado baixo o nome de dominio obarriomontenegro.gal (en diante o sitio web) é propiedade e está xestionado pola Sociedade Obarrio Montenegro (en diante a titular), co teléfono de contacto (+34) 662 211 047 e dirección de correo electrónico sociedadobarriomontenegro@gmail.com.

A titular, a través do sitio web, ofrece servizos editoriais en réxime de acceso aberto e impresión baixo demanda.

A utilización do sitio web atribúe á persoa usuaria a condición de usuaria do sitio web (en diante, a usuaria) e implica a súa aceptación plena e sen reservas a todas e cada unha das disposicións vixentes en cada momento para o sitio web.

Tanto o acceso ao sitio web, como o uso que poida facerse da información contida no mesmo, é da exclusiva responsabilidade da usuaria.

A titular non garante a inexistencia de erros no acceso ao sitio web, no seu contido, nin que este estea actualizado, aínda que a titular realizará os correspondentes esforzos para, no seu caso, evitalos, subsanalos ou actualizalos.

A titular non se fai responsábel dos posíbeis erros de seguridade que se poidan producir, nin dos posíbeis danos que poidan causarse ao sistema informático da usuaria (hardware e software), nin aos ficheiros ou documentos almacenados no mesmo, como consecuencia da presenza de virus ou malware no sistema ou nos dispositivos da usuaria utilizados para a conexión cos servizos e contidos do sitio web, así como dun mal funcionamento do navegador ou do uso de versións non actualizadas do mesmo.

A titular non se fai responsábel da información e contidos publicados ou almacenados polas usuarias, a título enunciativo pero non limitativo, en sistemas de foro, chat, blogue, comentarios, redes sociais ou calquera outro medio que, no seu caso, permita a terceiros publicar contidos de forma independente no sitio web da titular; nin controla nin supervisa tódolos contidos aportados polas páxinas web enlazadas, cuxas opinións non son, necesariamente, compartidas pola titular. Non obstante o anterior, a titular resérvase o dereito a retirar todo contido cuxa ilicitude lle conste.

Asimesmo, a titular non se responsabiliza das contestacións que se realicen a través das distintas direccións de correo electrónico ou restantes canais de comunicación que aparecen no sitio web, polo que en ningún caso poderá derivarse efecto xurídico vinculante das mesmas.

Non obstante o anterior, e ao abeiro do disposto na Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico, do 11 de xullo, a titular ponse a disposición de tódalas usuarias, autoridades e forzas de seguridade para colaborar de forma activa na retirada ou, no seu caso, o bloqueo de todos aqueles contidos que poideran afectar ou contravir a lexislación nacional ou internacional, dereitos de terceiros ou a moral ou a orde pública. No caso de que a usuaria considere que existe no sitio web algún contido que poidera ser susceptíbel desta clasificación, prégase se poña en contacto coa titular.

No ánimo de que o uso do sitio web se axuste a criterios de transparencia, claridade e simpleza, infórmase de que calquera suxerencia, dúbida ou consulta sobre o mesmo ou o seu uso poderá ser remitida á titular a través da dirección de correo electrónico arriba indicada, así como polo resto das vías de contacto dispoñíbeis a través do sitio web.